04 novembro, 2015

DEUSA CELTA NAVIA




En Galicia, no val do río Mendo en A Coruña encóntrase situado o templo celta dedicado a Navia, a deusa celta da abundancia e fertilidade.
Durante moitos anos, as persoas que visitaban o val do río Mendo esperaban a que o sol da tarde incidise sobre a pedra. Uns arqueólogos demostraron o que moitos de nós creiamos. Hace moitos séculos venerábase á deusa que da nome ao río que rega ese val ao pé do outeiro, o río Navia. Ese lugar era o seu templo que consta dun elemento central, una roca nna que está, grabada na pedra, una figura feminina cun sexo moi marcado e en derredor dela, fosos, muros, gradas de pedra... Esa figura que todo o mundo coñece como "A moura" e que é unicamente visible cando o Sol alcanza a Atalaia do Oeste, onde residen os poderes da auga. As investigacións finais demostraron que este templo estaba dedicado á deusa da fertilidade e á abundancia na cultura celta: Navia.



Ela é a dama das flores, das sementes e dos froitos. Din que nada na natureza está fóra do alcance da súa man. Con todo, recentemente vincúlase cos ríos a partir da concepción céltica do auga como elemento característico do acceso ao máis alá.
Segundo a maxia celta o día que corresponde a Navia é o xoves, o seu planeta é Xúpiter e tes que encomendarte a ela se necesitas que a sorte te acompañe nalgún momento especial da túa vida.
Din que ela atende sempre a quen se acerca ao seu templo para pedir axuda. É moi sinxelo, necesitarás unha cesta de vimbio pequena para levar nela aquelas cousas que queras ofrecerlle á deusa. Soen levarlle lazos, contas de cristal, pedras debuxadas e flores, todo en azul, na súa cor. Se fas este ritual, faino con moita calma, saboreando o momento, contactando emocionalmente cos habitantes dese sitio, identificándote co que te rodea. Axeonlla á marxe do río e di estas palabras:
"O río flúe, flúe e medra,
O río flúe,
ata o mar.
Ti, miña deusa, lévame,
a min e aos meus,
a través das túas terras sementadas
ata o mar
da abundancia"
Hai unha base no altar onde debes depositar as flores e plantas. As pedras entérraas ao pé da Moura. Despois, fala con ela e cóntalle as túas preocupacións e pídelle o que necesitas. Recorda que ela é especialista nas colleitas e en conseguir que as cousas nazan e prosperen, sobre todo o traballo, a economía, os negocios e a maternidade. Moitas mulleres achéganse ao seu templo para potenciar a través da súa mediación a maternidade.

Se non podes visitar o val, tamén tes outras maneiras de facer as túas peticións:
Unha é facer un pequeno altar con elementos da natureza, tan queridos por Navia, como cunchas, cantos rodados, recipentes de barro con auga, colocados ao teu gusto e se queres acompañar esta petición cunha ofrenda, podes añadir incienso de Navia, elaboradas coas súas resinas favoritas ou queimar unhas ramiñas de albahaca xa que é a planta que máis a representa. Non esquezas o papel escrito onde debes explicar con todo detalle o que desexas pedirlle á deusa.


Outra maneira é colocar, un xoves a primeira hora do día, unha vela azul, pequena para que se consuma pronto, nun pratiño rodeado de símbolos azuis, sales, pedras, flores, lampariñas pequenas...  Debaixo da vela pon a túa petición de sorte comezándoa así:
"Navia, deusa da fortuna, necesito que a sorte me acompañe (escribe o tema no que necesitas a súa axuda) e así sempre che o agradecerei con toda a miña fe".


Este é o plano de como os arqueólogos cren que era, na orixe, o templo da deusa Navia




Ningún comentario:

Publicar un comentario