23 maio, 2016

Qué es para mí Galicia

Pues bien, en este vídeo explico qué opino sobre Galicia, y lo que me gusta y lo que no de esta comunidad, pues no todo el mundo tiene las mismas opiniones y para gustos, colores!




22 maio, 2016

Turismo en Galicia

O turismo en Galicia tivo unha maior demanda nesta última década, pero quen sabe se dentro de 50 anos esta comunidade só estará habitada por anciáns ou pola contra aunmentará o número de turistas e de poboación xoven.

Turismo en Galicia

18 maio, 2016

Saldo migratorio


Segundo Wikipedia, o saldo migratorio é o balance que existe entre a inmigración e a emigración nun determinado lugar.
Nos derradeiros anos, en Galicia rexistrouse un saldo migratorio negativo, é dicir, que a xente galega está a emigrar cara a outras comunidades ou outros países.
En canto a estatísticas, as emigracións de Galicia son de 90675 persoas no 2014, as inmigracións son de 88396 persoas no 2014 e, polo tanto, o saldo migratorio é de -2279 neste ano.
Isto débese quizais a que a poboación galega está envellecida, algo que non atrae a os emprendedores, os ambiciosos ou aos simples curiosos. Quizais tamén a xuventude prefire estudar noutras comunidades para desenrolarse como persoas ou probar a vivir noutro país para aprender o seu queridísimo e popular idioma inglés.
Se ben, é certo que a maioría da poboación desta comunidade está envellecida, pero é porque son fieis a Galicia, e non desexan vivir e morrer noutro sitio que non sexa este. Ou polo menos iso penso eu.
Por outra banda, para min o saldo migratorio ten outra perspectiva. Eu fun unha emigrante de Arxentina que chegou a Galicia para converterse en galega. Por sorte, a miña familia e máis eu integrámonos facilmente, algo que non sempre é así para todos os inmigrantes.
En canto ás inmigracións en Galicia, teño que dicir que aportan riqueza cultural tanto aquí como en toda España. Ademais, contribúen a aumentar a natalidade, algo fundamental en Galicia.
Por outro lado, e por desgraza, hai persoas (sempre ten que haber de todo) que non queren aos inmigrantes nin os aceptan, e incluso os tratan mal. Esas mentes cerradas son as que hai que cambiar, que asuman que estamos en pleno século XXI, que existen moitísimas culturas de distintos países que nos axudan a aprender non só coñecementos novos, senón tamén a saber respectar.
Pode que, dentro de 50 anos, no 2066, en Galicia se fagan populares os alfajores ou a Focaccia Genovesa, e que o lacón con grelos e os pementos de Padrón queden para a historia.
     

                                                                                     VS.




Tamén, pode que o instrumento musical típico de Galicia, a gaita, quede obsoleta e que o seu lugar o ocupe o Shehnai.

                                                                                     VS.



E pode que Galicia teña unha poboación diversificada, quizais con outras tradicións, outros gustos e o seu sector destacado sexa o industrial ou os servizos. Quizais estea máis ocupada por persoas que non son de Galicia, e que os galegos estean dispersos polo mundo. Pode que estas migracións contribúan tamén a ampliar os horizontes da lingua galega, que chegue a todos os rincóns e que todo o mundo saiba que significa SEICA ou DISQUE.

      

08 maio, 2016

MARQUÉS DE VALLADARES


Chantada destaca polo seu patrimonio románico, pero tamén é salientable o notable papel que xogaron as familias nobres e casas fortes da comarca ó longo da historia. A súa importancia non só radica en ámbitos políticos ou administrativos, senón tamén en aspectos artísticos pois deixaron numerosa constancia de pazos, Casas Fortes e Torres.

Moure, cuxa Torre é moi interesante pola súa antigüidade e por estar vinculada ó Morgado de Chantada por don Suero Moure, descendente de Fernán Moure. Este último chegou a Chantada no século XVI buscando a protección de Vasco Gómez das Seixas que por aquel entón exercía o señorío de Chantada. Fernán Moure enfrontárase con anterioridade o arcebispo de Santiago, don Juan García Manrique, debido a intrigas políticas e a intereses xurisdicionais. O arcebispo tomara e mandara demoler o castelo chamado do Rei Moro, pertencente a Fernán Moure, e considerado como un dos máis importantes da terra do Deza. Fernán, diante do temor de novas represalias acolleuse ó seguro da Torre de Chantada que era da súa propiedade. Os seus netos restaurárona e déronlle carácter de Casa Forte e Solar de Fidalguía, e don Suero de Moure Villamarín uniuna con outros bens do Morgado da familia. No ano 1671 era dono e señor da Torre dos Moure don Alonso de Moure e Villamarín, pasando pouco despois á súa filla dona Juana Moure co Morgado e os brasóns da Casa dos Moure. Dona Juana estivo casada con don Manuel Enríquez Sarmiento, pai de don Benito Alonso. Despois da súa morte, a edificación con todos os seus bens que lle estaban anexos pasaron ó seu fillo, don Javier Enríquez e Sarmiento, Marqués de Valladares.

A nobreza dos Moure de Chantada aparece vinculada ó título nobiliario dos Marqueses de Valladares, uníndose posteriormente a descendencia coa familia dos Marqueses de Mos. O título de Marqués de Valladares foi concedido o 4 de Abril de 1673, por Real Despacho do 6 de Xuño, a don Luis Sarmiento de Valladares e Meira, cabaleiro de Santiago. Don Juan Manuel Enríquez Sarmiento aparece empadroado como nobre en Chantada no ano 1702 ó igual que o seu fillo, don Benito Alonso Enríquez Sarmiento de Valladares (III Marqués de Valladares), que figura como nobre empadroado en Chantada no 1732.






En xullo de 1757 desaparece don Benito Alonso Enríquez e Sarmiento cando tiña 57 años, e xa cedera ao seu primoxénito Xavier, de 23 años, os seus títulos de Marqués de Valladares e Vizconde de Meira. Don Benito saíu de madrugada da súa casona de Chantada para encontrarse coa muller do boticario de Melide, Josefa Vaamonde, a Boticaria, e alí se lle perdeu. Ata que un ano despois, tras unha intensa busca, se inspeccionou por segunda vez a casa do desaparecido e se atopou, nunha cámara oculta, o cadáver. Son apresados, entre outros, a esposa da vítima, Isabel Sanjurjo que vivía tamén en Chantada, aínda que separada dun marido reiteradamente infiel, os seus fillos Xavier e Gaspar e o matrimonio de caseiros de don Benito.




Así pois, tras as declaracións feitas aos xulgados e a diversos testemuñas, os investigadores concluíron que o autor material da morte de don Benito foi o caseiro Silvestre Bernárdez. Confesou que matara ao seu amo golpeándolle a cabeza cun hacha cando estaba durmido, pero declarou que o fixo obrigado por varios parentes do morto: a súa esposa, o seu cuñado, o seu fillo Gaspar e o seu xenro. Estas persoas, segundo dixo o criado, presentáronse de noite na casa armados de pistolas e o sacaron da cma para forzalo a cometer o crime. Despois afirmou Bernárdez, que arrastraron o cadáver tirando del por unha corda e baixándoo polas escaleiras ata o soto onde foi enterrado.



25 abril, 2016

Viernes negro

El 27 de mayo de 1988 ocurrieron unos sucesos trágicos en Galicia.
A veces, la lucha entre ideologías es tan extrema que arrasa con todo.


06 marzo, 2016

Medicina ou Filoloxía

Olimpia Valencia foi unha muller rebelde, cun soño que conseguiu cumprir e cunha mente aberta para a súa época.
Naceu en Vigo, Ourense onde tamén se criou e se formou. Pertencía a unha familia acomodada e nun principio quixo estudar Maxisterio, pero ao non ter vocación, decidiu estudar o que si lle gustaba, Medicina. Mais a sociedade na que vivía non vía con bos ollos que unha mulller estudase esa carreira. Así é como comeza a súa historia, e tamén a miña.
O seu entorno máis cercano non vía ben que unha muller quixese facer unha carreira propia de homes. Naquela época, a xente pensaba que a muller tiña que ocuparse da maternidade, por iso Olimpia especializouse en Xinecoloxía en Madrid. Pero cando chegou a Vigo co doutorado para poñerse a traballar, costoulle moito tempo conseguir o seu prestixio profesional.
Se os preguntades que ten que ver a súa historia coa miña, vola conto agora… Cando eu cursaba a ESO, sempre prefería as ciencias, matemáticas, química, bioloxía… Como é evidente, con 16 anos aínda non sabía qué estudar na Universidade. Na miña cabeza rondaban opcións como Medicina, Fisioterapia ou Química.
 A miña preferida era Medicina, mais, cando o meu pai o soubo, quixo que desterrase esa idea da miña cabeza. Convenceume dicindo que era moi difícil, que era unha carreira para homes e que tería que estar toda a vida estudando, ademais de que era caro. Ao final, despois de pensalo demasiado, fixen un cambio radical e optei por estudar un Bachillerato de letras para finalmente estudar Filoloxía Hispánica na universidade.
Tamén gústanme as linguas, aprender novos idiomas, as súas regras, e en definitiva a súa cultura. Ademais, as carreiras de letras non teñen por que ser só de mulleres, pois este é outro estereotipo que aínda segue existindo na sociedade. Mais eu non quería isto, non quería deixar as ciencias, os números e a tabla periódica de elementos. A mín convencéronme cun pensamento antigo, en pleno século XXI, de que unha muller non pode estudar Medicina, que as ciencias son propias dos homes.
A conclusión á que chego con isto é que, aínda que sexa tarde, hai que loitar polos nosos desexos, polas nosas metas, aínda que saibamos que poden costar moito esforzo e tempo, sempre hai que facer o que che gusta a ti, sen crer nos estereotipos que impón a sociedade dende hai séculos. Porque o noso futuro é iso, noso, e en definitiva o vamos a vivir nós, non os demais.

16 febreiro, 2016

No lugar de Catherine Wellesley

A miña vida xa era cómoda dende que eu nacín en Dublín, pois o meu pai foi o segundo Baron Longford e disfrutabamos de numerosos privilexios da nobreza. Eu era unha dama da alta nobreza irlandesa e vivía rodeada de luxos e diversións. No meu fogar celebraban banquetes e bailes refinados, cos hóspedes de altos cargos e con moita reputación. Eu medrei feliz nun mundo de rosa.

Un día en 1796, cando tiña nada máis que 23 anos, atopeime cun home aposto de 27 anos chamado Arthur Wellesley. El chamoume a atención desde o primeiro momento, foi amor a primeira vista. Cortexoume durante meses, as miñas amigas pensaban que non valía a pena xa que el non tiña perspectivas económicas nin unha carreira definida, polo que non podería manter ou crear unha familia acomodada. El pediu a miña man ata dúas veces, pero o meu pai negouse a dar o seu consentimento, polas mesmas razóns que deron as miñas amigas. Eu o amaba e quería estar con el e el comigo, pero nesta sociedade querer non é importante, só as conveniencias importan.

Arthur decidiu alistarse no exército para facerse merecedor de min. Foi a Holanda e a afastada India. Durante os 12 anos que estivemos separados, moi angustiantes, non tivemos ningún contacto directo. Debido a iso, eu acabei converténdome nunha muller pouco arreglada e ansiosa, non podía superar algo así, eu non podería vivir sen el ou pensar que algo grave podería acontecerlle.

Arthur converteuse nun home establecido, cunha boa posición e unha boa situación financeira. Cando el volveu para reunirse comigo, pediu a man ó meu irmán, que esta vez aceptou o matrimonio.

Ao cambiar desta maneira, pensei que non lle gustaría, que xa non me quería , pero el era un home de honor e continuamos o noso compromiso. Casamos o 4 de outubro de 1806. Foi un día especial para ambos, pero eu xa non sentía o mesmo, eu cambiei a miña aparencia e o meu carácter, pero continuaba querendo estar comigo.

En 1808 Arthur foi á guerra napoleónica. Escribiume cartas contándome historias como: derrotou aos franceses na Batalla de Rolliça e na Batalla do Vimeiro, en 1808. Arthur foi brevemente reclamado a Inglaterra. Mentres tanto, Napoleón chegou a España coas súas tropas e, cando o comandante en xefe, John Moore, morreu durante a Batalla da Coruña, Arthur foi nomeado comandante de todas as forzas británicas en Portugal, volvendo á península en 1809. Neste ano, derrotou a un dos exércitos do rei José Bonaparte (irmán de Napoleón) na batalla de Talavera.

Despois de semanas sen recibir ninguna carta, por fin chegou unha, Arhur  contoume que, xunto co seu exército, invadiu Francia, literalmente, pero foi derrotado polas forzas francesas en Tolosa. Logo tras esta batalla, Napoleón foi exiliado para Elba en 1814. Por todo isto, el foi aclamado como un heroe e conquistador, e foi nomeado duque de Wellington.

Pero os conflitos non remataron aquí, o meu home seguiu en guerra porque o 26 de febreiro de 1815, Napoleón deixou o seu exilio en Elba para volver a Francia, recuperando o control do país, que insistente. Arthur encabezou a reforma da alianza contra el. Deixou Viena para comandar as forzas aliadas na campaña de Waterloo, situándose en Bélxica coas tropas prusianas de Gebhard von Blücher Leberecht e loitando primeiro na batalla de Quatre Bras, para volver, catro días despois a enfrontarse Napoleón na batalla de Waterloo, onde foi finalmente derrotado, abdicando de novo o 22 de xuño e sendo deportado posteriormente a remota illa de Santa Helena.

Por fin volveu a casa e, aínda que a nosa relación non era a mesma, eu sentinme moi orgullosa de ser a esposa dun home tan honrado e loitador como Arthur Wellesley.


25 xaneiro, 2016

Unha sotana case rebelde

                

Basilio Álvarez foi, sen dúbida, o máis popular dos clérigos que presentaron a súa candidatura ás Cortes Constituíntes, desde a chegada da República, con 54 anos, estaba detrás dunha longa carreira como axitador agrario, xornalista, avogado e escritor.
Don Basilio era un home pouco agraciado fisicamente: baixo, robusto, de cabelos negros, pero unha personalidade cativadora. Era un home impulsivo, altruísta, xeneroso, valente, groseiro e loitador; un clérigo poco disposto a someterse á disciplina.
Naceu en 1877 en Ourense, dentro dunha gran familia. O seu pai era un ferreiro e todos os seus irmáns comezaron a traballar na forxa desde moi novos. Basilio, con todo, mostrouse pouco dotado para forxar e o seu pai decidiu poñelo a estudar.
Despois do instituto, xa que a renda familiar era insuficiente para pagar os estudos, os seus pais o enviaron ao Seminario Conciliar de San Fernando, onde estudou Teoloxía e foi ordenado sacerdote en 1902.
Pero ao mozo Basilio tamén atraeulle a vida militar, e antes de ordenarse, realizou o servizo militar en A Coruña. Os seus superiores animárono a seguir no exército, e quizáis iso sería o seu futuro se a fratura da perna non o deixara coxo para sempre, arruinando as súas posibilidades de facer unha carreira no ámbito militar. Os seus anos no cuartel permitíronlle tamén coñecer as consecuencias da guerra de Cuba, ao ser testigo do retorno dos soldados do derrotado exército español. Esta visión causou un gran impacto a Basilio, quen aludiu con frecuencia a este feito ao longo da súa vida, presentándoo como mostra da incapacidade dos políticos monárquicos españois.
Tras a súa ordenación sacerdotal, comezou a exercer como párroco rural na Parada de Labiote. Durante estes anos combinou as tarefas pastorais coa actividade xornalista, colaborando co diario católico-rexeneracionista A Nova Época. Desde as súas páxinas atacou aos obreiros que se organizaban fóra do Círculo Católico e ao clero ourensán.
Xa nesos primeiros anos de sacerdocio, Basilio Álvarez mostrouse pouco disposto a someterse ao celibato. A súa transgesión do mesmo acabou sendo de dominio público na súa parroquia e chegou aos oídos do obispo de Ourense. Esta foi a causa do seu traslado a Madrid en 1907.
Nesta primeira etapa madrileña produciuse tamén o seu acercamento ao mundo da política, comezando a súa traxectoria de axitador agrario. Basilio Álvarez tomou conciencia da situación na que se atopaba o campesiñado galego durante os seus anos de párroco na Parada de Labiote. Mais a súa vida en Madrid púxoo en contacto con outro aspecto do problema agrario galego: a emigración. O enfrontamento con estas dúas realidades foi a causa da súa toma de postura.
Desde 1907 as asociacións agrarias galegas comezaron a federarse formando unións campesiñas que reivindicaban a redención e incluso a abolición dos foros, e a desaparición do dominio caciquil sobre o campo galego.
Dentro do agrarismo existían dúas tendencias: os solidarios “pouco escandalosos” e os partidarios da creación dunha fronte agraria única capaz de levar a cabo unha campaña de axitación. Estas dúas tendencias enfrontáronse nas asambleas agrarias de Monforte, pero ata 1912 sempre triunfou a postura dos solidarios. Cara 1910 todas as tendencias que convivían dentro do agrarismo galego evolucionaron cara a posturas redencionistas.
Un ano antes, un grupo de intelectuais e políticos galegos residentes en Madrid, entre os que se contaba Basilio Álvarez, decidiu crear a Liga Acción Gallega. Esta organización xurdiu cuns planteamentos moito máis radicais que as asociacións agrarias anteriores e desligada dos ambientes tradicionalistas e eclesiásticos. Basilio Álvarez convertiuse no seu principal impulsor e no director da súa revista Acción Gallega. O movemento perseguía os seguintes obxectivos: redención dos foros, extirpación do caciquismo, mellora das comunicacións, fomento da industria rural e precaria, establecemento de Bancos e caixas de aforro, fusións das asociacións agrarias, e rexeitamento dos diputados que non representen as aspiracións agrarias.
Basilio Álvarez ocupou unha posición preeminente dentro do partido e convertiuse no principal protagonista da campaña de axitación agraria comezada pola Liga en 1910 para apoiar aos candidatos agrarios ás eleccións xerais. A militancia agraria provocou a radicalización do sacerdote, que evolucionou redencionismo ao abolicionismo e acercóuse aos socialistas. A campaña de axitación agraria de 1910 marcou o comezo da fama de Basilio Álvarez como orador e axitador agrario. Pero as asociacións agrarias desconfiaban dos homes de Acción Gallega que viñan de Madrid, e a campaña saldouse cun fracaso estrepitoso. O agrarismo galego quedou máis escindido que antes.
Basilio comprendeu que, se Acción Gallega quería levar a cabo unha movilización efectiva do campesiñado galego, deberia ter un maior arraigo na relixión. Por isto, Basilio abandonou Madrid para volver a Galicia como párroco rural.
Basilio Álvarez preparou a nova campaña de axitación agraria de Acción Gallega. Esta iniciouse co Manifesto de Ourense. O Manifesto denunciaba a situación de crise, a todos os niveis, en que vivía a relixión galega: crise económica unida á escravitude, crise cultural manifestada pola ausencia dunha literatura comprometida cos problemas galegos, crise política patente na ignorancia e no desinterés dos políticos galegos polos problemas da rexión á que representaban, e crise social evidenciada pola incapacidade da sociedade galega para enfrontrarse aos seus problemas.
Para cambiar esta situación, a Liga Acción Gallega anunciaba o inicio dunha campaña de mítines agrarios nos que se predicaría a solidariedade e a rebelión. Os obxectivos concretos que os homes de Acción Gallega aspiraban a conseguir coa súa campaña eran: combatir o caciquismo imperante e recoller as aspiracións do pobo para formular un programa detallado do que debe comprender a política galega, que os diputados galegos deben comprometerse a defender ante o Goberno de Madrid. A Liga, pola súa parte, comprometíase a presionar tamén ao Goberno para que fixese realidade dito programa.
Con este Manifesto iniciouse a nova etapa de Acción Gallega, caracterizada por un marcado radicalismo. Basilio Álvarez convertíuse no principal protagonista da capaña. Os foros e o caciquismo, considerados por Basilio como os dous grandes males de Galicia, foron as institucións que concentraron as súas máis duras críticas.
Os homes de Acción Gallega esixían que o Goberno aprobase un proxecto de redención de foros que permitise ao campesino galego acceder á propiedade directa da terra, para mellorar a súa situación económica. Pero era necesario tamén liberar á sociedade galega da opresión dos caciques.
A fame e a falta de liberdade, provocados pola política centralista, os foros e o caciquismo, levaban aos galegos á emigración, otro dos grandes males de Galicia denunciado por Basilio Álvarez durante a súa estancia en Cuba.
A denuncia do caciquismo, os foros e a emigración, como os tres grandes males de Galicia, foi unha constante da actuación política de Basilio Álvarez ao longo da súa vida. A propia sociedade galega era en parte responsable da perpetuación destas lacras. Os poderes públicos non se ocupaban dos problemas galegos porque non se reivindicaban. Agora as cousas deberían cambiar, os galegos deberían unirse e loitar pola redención de Galicia. Por isto, Basilio Álvarez fixo reiterados chamamentoa durante a campaña á unión dos campesiños dentro dos sindicatos agrarios. Os homes de Acción Gallega instaron aos campesiños galegos a rebelarse contra a súa inxusta situación, a destruir o sistema caciquil e a reclamar a redención dos foros. Esta rebelión en pro da redención de Galicia non excluía o recurso da violencia, no caso de que os poderes públicos seguiran ignorando as súas reivindicacións.
Basilio Álvarez non só faltou as ríxidas normas que impoñía a Igrexa Catolica española aos seus ministros no ámbito da política, tamén a súa vida privada foi atípica, xa que mantivo relacións cunha muller da que tivo dous fillos. Tampouco mostraba xeralmente a apariencia externa dun sacerdote, pois non utilizaba moito a sotana. Paradoxicamente, a sotana era un elemento inseparable da súa imaxe como orador, por isto, mentres foi diputado, tiña unha habitación no Parlamento para se a poñer antes de ocupar o seu escano e quitarlla antes de saír á rúa.
Unha das súas citas máis destacables foi: “Esta homenaxe miña non arranca a miña significación de agrario. Agrario serei mentres a miña vida alente, e ese será ademáis o sudario que levarei á tumba. Porque dar o meu sangue por Galicia supón pouco; entregarme con espírito e alma non me parece nada”. Como se pode apreciar, a oratoria de Basilio Álvarez non perdeu nada do barroquismo e do apasionamento que lle deu a fama de orador nos seus tempos de axitador agrario. Aínda que cambiou. A idade ou quizáis as novas circunstancias políticas atenuaron a súa rebeldía. Antes dicía “en vez de construir, en vez de edificar, poñía nas miñas ideas todo o odio”, agora, pola contra, “eu non podo ser máis que un construtor”
Como político, conseguiu despertar do seu letargo aos campesiños galegos, que o viron como “o redentor tantos séculos esperado, creeron nel e o seguiron relixiosamente”. Contribuíu tamén a despertar a conciencia política dos rapaces intelectuales galegos do seu tempo, que aprenderon del a vía da rebelión e apoiaron as súas campañas de axitación agraria.
Basilio Álvarez foi un home intelixente e polifacético, un personaxe controvertido e comprometido. A súa traxectoria política non estivo exenta de contradiccións, mais debe terse en conta que, nese período histórico que lle tocou vivir, compatibilizar o sacerdocio e o compromiso político e social resultaba unha labor moi difícil e arriesgada.